Igualdade convoca novas axudas para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e das nais

Convocatoria de axudas para as ANPAS


O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas da Secretaría Xeral da Igualdade para que as asociación de nais e pais do alumnado dos centros educativos de Galicia, sostidos con fondos públicos, realicen programas de actividades complementarias e extraescolares, co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

As axudas están destinadas ás asociacións de nais e pais dos centros educativos galegos para realizar actividades extraescolares, fóra do horario lectivo, pero inmediatamente antes ou despois da xornada escolar e nas dependencias do centro educativo, para facilitar así a conciliación entre a vida familiar e laboral. A convocatoria financiará ata un máximo do 50% do custo das actividades dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e centros de educación especial, que deberán centrarse, maioritariamente, en aspectos lúdicos, artísticos, culturais, tecnolóxicos ou deportivos.

Acceder a Resolución no DOGA.

Share |